VII CERTAME DE DEBUXO E POESÍA AVELINO DÍAZ

Portada Finales Cerrados
17 de mayo 2024
Dibujo y poesía
Diferentes premios en cuatro categorías
Todos
Concello De Meira / Concello De Riotorto
Galicia
Envío Postal

BASES

Os CONCELLOS DE MEIRA E RIOTORTO, en colaboración coa ASOCIACIÓN CULTURAL
AVELINO DÍAZ, convocan o VII CERTAME DE DEBUXO E POESÍA AVELINO DÍAZ, co fin
de honrar o Poeta de Meira, de dar a coñecer a poesía de Avelino e de fomentar a
creatividade e o gusto pola poesía.

B A S E S

PRIMEIRA: Poderán participar todos os autores e autoras que o desexen cunha única obra.

SEGUNDA: Establécense as seguintes categorías:
De 3 a 8 anos.
De 9 a 12 anos.
De 13 a 17 anos.
De 18 anos en adiante.
www.finalescerrados.com ©
TERCEIRA: Na categoría A, só se poderá participar na modalidade de debuxo. Nas categorías B, C e D, só na modalidade de poesía.

CUARTA: Os debuxos serán de formato e temática libre.

QUINTA: Os poemas presentaranse escritos en lingua galega. Terán una extensión mínima de oito versos e máxima de oitenta versos. Presentaranse escritos a ordenador, a dobre espazo, por una soa cara, con tamaño de letra 12, tipo Arial. Poderán estar ilustrados con debuxos. Deberán ser orixinais, inéditos e non premiados en ningún outro concurso ou certame literario. Serán de temática e métrica libre.

SEXTA: O prazo de entrega remata o 17 de maio de 2024. Os traballos enviaranse por triplicado (agás os debuxos, dos que se remitirá un único exemplar), sen firma e en sobre pechado. No exterior do mesmo constará un lema e a categoría á que se presentan. En sobre á parte, tamén pechado, constará o lema que identifique o traballo e a categoría e, no seu interior, os datos da persoa autora: nome, apelidos, idade, enderezo electrónico, número de teléfono, así como o seu enderezo postal completo. O envío remitirase á ASOCIACIÓN CULTURAL AVELINO DÍAZ. CENTRO SOCIOCULTURAL. Rúa Federico González, s/n. 27240 Meira (Lugo).
Só se abrirán os sobres dos traballos premiados. Conforme o disposto na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, os datos serán tratados de forma confidencial.
Os centros educativos poderán enviar os traballos nun único sobre ou en varios.

SÉTIMA: Establécense tres premios por cada categoría de participación:
Categoría A
Primeiro premio: Diploma, figura conmemorativa e lote de libros. Segundo premio: Diploma e lote de material escolar.
Terceiro premio: Diploma e lote de material escolar.
Categoría B
Primeiro premio: Diploma, figura conmemorativa e libro electrónico. Segundo premio: Diploma e lote de material escolar.
Terceiro premio: Diploma e lote de material escolar.
Categoría C
Primeiro premio: Diploma, figura conmemorativa e tableta. Segundo premio: Diploma e lote de material escolar.
Terceiro premio: Diploma e lote de material escolar.
Categoría D
Primeiro premio: Diploma, figura conmemorativa e 300 euros. Segundo premio: Diploma e 200 euros.
Terceiro premio: Diploma e 100 euros. Poderanse conceder accésits.
As persoas autoras premiadas serán convocadas ao acto de entrega de premios, o día 14 de
xuño de 2024, ás 19 horas, no Salón de Plenos do Concello de Meira.
© https://www.finalescerrados.com
OITAVA: O Xurado será designado polas institucións que convocan o Certame. Actuará como secretario/a unha persoa directiva da Asociación Cultural Avelino Díaz, con voz pero sen voto. O Xurado emitirá o seu fallo na primeira semana do mes de xuño do 2024.
O fallo comunicaráselles directamente ás persoas interesadas, e publicarase na páxina web (www.poetaavelinodiaz.gal) e nos perfís das redes X e Facebook da Asociación.
O Xurado pode declarar desertos algúns dos premios, así como rexeitar os traballos que non se axusten ás presentes bases.

NOVENA: As obras premiadas no Certame quedarán en propiedade das institucións
convocadoras, reservándose estas, en exclusiva, o dereito a editar as obras premiadas e tamén os accésits, se o Xurado os concedese.
As obras non premiadas non serán devoltas, podendo as persoas interesadas recollelas na sede da Asociación no prazo dun mes despois da proclamación das persoas premiadas. De non ser así, serán destruídas.

DÉCIMA: A participación no Certame implica a aceptación das presentes bases na súa
totalidade.

UNDÉCIMA: As institucións convocadoras son competentes para resolver todas as cuestións que poidan xurdir de cara á interpretación das presentes bases.

Meira-Riotorto, 23 de xaneiro de 2024






29 de abril 2024 Agendar Cierre 17 de mayo 2024 Ver Géneros Dibujo y poesía Ver Premios Diferentes premios en cuatro categorías Ab...

Las letras y el café combinan bien


Si disfrutaste la lectura, te propongo que apoyes a este espacio con una tasa virtual.

0 comments: